Contratación servizo
Fases do proceso de contratación:
1.- Solicitude de orzamento
- Utilice o formulario web “Petición de orzamento”
- Ou “Envíanos un mail” para que contactemos con vostede
- Ou “Contacta con nós” nos teléfonos indicados
2.- Proposta de servizo
Enviarémoslle un orzamento segundo as tarifas e xuntaremos:
- Documentación técnica básica de presentación do servizo
- Formulario de inscrición ao Servizo
3- Activación do servizo e asignación de dosímetros: No caso de interese na contratación
- Remita cuberto o formulario de inscrición
- Contactaremos con vostede para informalo da alta e das condicións de uso do servizo
- Procederase ao rexistro de inscrición, asignación da dotación de dosímetros e envío aos centros de traballo mediante a loxística elixida
4.- Actualización do contrato
- Emisión do certificado de alta no servizo
- Segundo a tipoloxía do contratante, prepararase un contrato adicional ao formulario de inscrición
- Actualizarase a dotación de dosímetros e datos do usuario mediante as comunicacións documentadas ao departamento de clientes das alteracións requiridas polo contratante ou polo responsable asignado durante a execución deste