Servizo

A contratación do SDP inclúe como prestacións básicas: a asignación, distribución e análise dos dosímetros; a elaboración e envío de informes dosimétricos; a comunicación de doses aos organismos reguladores.

Como especialista en SDP, centro de dosimetría fomenta a mellora continua en cada unha das facetas do servizo, desenvolvendo prestacións adicionais e ferramentas  “ad-hoc” (*1)  acorde coas necesidades específicas de cada sector e cliente.

No folleto de “Benvida – SDP”  resúmese o servizo e as súas condicións de uso. (Que é un servizo de dosimetría? Que é un dosímetro? Cando e como levar os dosímetros? Como se miden as doses? etc.)

 (*1) Ad hoc é unha locución latina que significa literalmente «para isto». Xeralmente, refírese a unha solución elaborada especificamente para un problema ou fin preciso e, polo tanto, non é xeneralizable nin utilizable para outros propósitos.