Campañas intercomparación
Desde o inicio da súa actividade, centro de dosimetría participou, de forma voluntaria e proactiva, en intercomparacións nacionais e internacionais.
- Participación en todas as intercomparacións nacionais organizadas polo CSN, para dosímetros persoais de corpo enteiro nos anos 1987, 1995, 2001, 2006 e 2013, así como a organizada para dosímetros de anel no 2008.
- Participación na intercomparación organizada por EURADOS no 2007 para dosimetría de aneis.
Os resultados obtidos nas intercomparacións de dosímetros de corpo enteiro sempre foron moi satisfactorios para todas as enerxías analizadas.
Os resultados nas intercomparacións de dosímetros de anel foron satisfactorios, aínda estando afectados dunha maior incerteza para certas enerxías.