Calibracións e verificacións
Para realizar o control do sistema de dosimetría e garantir o seu correcto funcionamento, este sométese a verificacións internas e a unha calibración anual nun laboratorio externo de referencia.
- O proceso de calibración do sistema de termoluminiscencia realízase a través de dosímetros irradiados a valores coñecidos das magnitudes obxecto de ensaio nun laboratorio oficial de calibración secundario, seguindo os protocolos establecidos pola norma ISO 4037-3.
- As verificacións diarias consisten en irradiar un grupo de dosímetros no equipo irradiador e lelos nos diferentes equipos para avaliar o estado dos lectores respecto ao estado de referencia.
Adicionalmente, cada lector posúe diferentes chequeos automáticos que provocan a parada do equipo en caso de que non se cumpran as condicións da lectura establecidas.