Laboratorio

 

A área técnica é a responsable de asegurarse da calidade do ensaio que consiste na determinación da dose equivalente mediante a lectura dos dosímetros asignados aos usuarios, e da emisión dos informes de resultados. O laboratorio é independente, imparcial e sen presións do resto da organización, e ten a capacidade adecuada ao volume dos ensaios realizados. Conta con persoal totalmente capacitado para a realización das súas funcións, e é unha das súas prioridades fomentar a mellora continua tanto mediante a investigación e desenvolvemento do seus produtos, como controlando e asegurando a eficacia e eficiencia dos procesos técnicos levados a cabo.

A área técnica está composta por tres divisións contiguas:

  • O laboratorio é unha sala independente exclusivamente dedicada á realización de ensaios dosimétricos (non hai postos de traballo). O acceso á sala está restrinxido e as condicións ambientais son controladas segundo as necesidades dos equipos.
  • O departamento de física onde se sitúa o persoal técnico cuxa responsabilidade é a verificación dos ensaios e informes.
  • O taller onde traballa o persoal operativo responsable da carga dos equipos e á súa vez de realizar as manipulacións cos dosímetros, tomando as medidas necesarias para asegurar a trazabilidade e seguridade.