Posto de trabalho
Os dosímetros de posto de traballo están calibrados en dose equivalente persoal superficial HP(0.07) e profunda HP(10), teñen a mesma configuración ca o dosímetro de corpo enteiro e seguen o mesmo proceso ca estes.
Normas básicas de uso:
- Debe ser utilizado por todo o persoal que comparta unha serie de funcións e tarefas asignadas ao posto de traballo e que se desexa controlar mediante este dosímetro.
É unha dosimetría pouco utilizada e só se recomenda se:
- A empresa ten un técnico de Protección Radiolóxica capacitado tanto para definir a conveniencia desta dosimetría, como dunha vez emitido o resultado teña a capacidade de distribuír a dose equivalente final en función da carga de traballo de cada operador.
- Ao igual ca a dosimetría de área, o seu uso está condicionado a que as doses equivalentes rexistradas sexan inferiores ao nivel de rexistro.