Área

Os dosímetros de área están calibrados en dose equivalente persoal superficial HP(0.07) e profunda HP(10), teñen a mesma configuración ca o dosímetro de corpo enteiro e seguen o mesmo proceso ca estes.

Normas básicas de uso:

  • Deben ser colocadas todos os meses nun punto definido polo responsable de PR da instalación que sexa representativo da dose do persoal que se desexa controlar mediante este dosímetro.

Para realizar a estimación de doses equivalentes persoais a partir de dosímetros de área, requírese dun cálculo adicional, que teña en conta as medidas nos puntos representativos da zona na cal están os traballadores, o  tempo de permanencia na zona e a carga radiolóxica de traballo.

Este tipo de medida é útil cando as doses estimadas son nulas ou inferiores ao nivel de rexistro de 0,10mSv/mes. Cando as doses medidas na área son significativas, resulta en xeral máis custoso o cálculo e os rexistros asociados ca o uso de dosímetros persoais individuais.