Pulso

No caso de persoas que polo seu tipo de  traballo precisen da avaliación da dose equivalente en extremidades, poden utilizar adicionalmente ao dosímetro de corpo enteiro dosímetros de pulso.

  • Teñen a mesma configuración ca o dosímetro de corpo enteiro e envíanse ao usuario identificados da mesma maneira ca estes.
  • Van protexidos por unha caixa de policarbonato transparente e cunha correa para que se coloque a modo de reloxo.
  • Son sempre de cor branca. A cor azul e amarela dos meses pares e impares apréciase na placa interior.

Normas básicas de uso:

  • O dosímetro é persoal e intransferible.
  • Debe levarse durante toda a xornada laboral e non sacarse fóra do centro de traballo.
  • Debe colocarse por debaixo de calquera protección que se utilice e na extremidade máis exposta á radiación do usuario, esquerda ou dereita en función do seu tipo e procedementos de traballo.

Este tipo de dosímetro recoméndase para o seu uso en Radiodiagnóstico, Radioterapia e Intervencionismo.

Documentación relacionada