Anel

No caso de persoas que polo seu tipo de traballo precisen da avaliación da dose equivalente nas mans, poden utilizar dosímetros de anel, desenvolvidos e fabricados por cd, calibrados en termos de Hp(0.07).

Destacamos as seguintes características funcionais:

  • Dun só uso, para eliminar a contaminación radioactiva e incrementar a hixiene.
  • Estanco, a cápsula que aloxa os detectores está soldada mediante ultrasóns.
  • A súa forma plana e superficie facilita unha ampla identificación (usuario, mes de uso e departamento) que se realiza mediante gravado láser.
  • Ergonomía e flexibilidade de axuste.
  • De cor azul os meses pares e amarelos os impares.

Normas básicas de uso:

  • O dosímetro é persoal e intransferible.
  • Debe levarse durante toda a xornada laboral e non sacarse fóra do centro de traballo.
  • Debe colocarse por debaixo de calquera protección que se utilice, por exemplo, guantes chumbados, e na man máis exposta á radiación en función do seu tipo e procedementos de traballo.

Un mesmo usuario pode utilizar máis dun dosímetro de anel, colocando un en cada man. Nese caso, o dosímetro da man dereita identifícase mediante un adhesivo amarelo adicional.

Este tipo de dosímetro é especialmente adecuado en Medicina Nuclear e en Radiofarmacia.

Documentación relacionada