Corpo enteiro

O control dosimétrico habitual realízase mediante os dosímetros individuais denominados de corpo enteiro, calibrados en dose equivalente persoal superficial HP(0.07) e profunda HP(10).
- Van protexidos por unha caixa de policarbonato transparente e cunha pinza para a correcta colocación do dosímetro.
- Son de cor azul e amarela, utilizándose a cor azul durante os meses pares e a amarela durante os meses impares.
Normas básicas de uso:
- O dosímetro é persoal e intransferible.
- Debe levarse durante toda a xornada laboral e non sacarse fóra do centro de traballo.
- Debe colgarse no torso, coa cara anterior, na que consta o nome do usuario visible.
- Debe colocarse por debaixo de calquera protección que se utilice, como por exemplo un mandil chumbado.