Abdome
Dosímetros utilizados durante o embarazo que se sitúan no abdome coa finalidade de estimar a dose absorbida polo feto.
- Teñen a mesma configuración ca o dosímetro de corpo enteiro e envíanse ao usuario identificados da mesma maneira ca estes.
- Son sempre de cor verde. A cor azul e amarela dos meses pares e impares apréciase na placa interior.
- Van protexidos por unha caixa de policarbonato transparente e cunha pinza para a correcta colocación do dosímetro.
Normas básicas de uso:
- Deben colocarse no abdome e por debaixo de calquera protección que se utilice.