Sistema integral xestión QMS
centro de dosimetría desenvolve a súa actividade baseándose nun sistema integral de xestión QMS (Calidade, Medio Ambiente e Seguridade), coa finalidade de realizar o SDP cumprindo cos requisitos tanto de calidade dos seus procesos, coma de respecto co medio ambiente e de seguridade en todos os aspectos implicados na realización do servizo.
Sistema de calidade
Desde o ano1997, aempresa tiña implantado un sistema de calidade baseado na NORMA UNE/IEC ISO 9001. Adicionalmente, no ano 2011 iniciouse a implantación da NORMA ISO 17025 especializada en “Laboratorios de ensaio e Calibración” e sobre a cal se ten planificada a acreditación por ENAC no ano 2014.
centro de dosimetría pon a disposición dos seus clientes e colaboradores, tanto o acceso á consulta da documentación do sistema e dos manuais de calidade, como a posibilidade de visitar as instalacións no caso de interese.
Sistema de Medio Ambiente
Outro dos valores da empresa é mellorar de forma continua os procesos do servizo coa finalidade de minimizar o impacto no medio ambiente, levando a cabo políticas e accións de mellora continua nesta área. O compromiso co medio ambiente descríbese na política de empresa, onde se inclúe como valor principal o cumprimento da normativa EMAS e NORMA ISO 14001.
Sistema de seguridade
A empresa traballa nas seguintes áreas para garantir a seguridade no desenvolvemento do servizo:
- Protección de riscos laborais para ofrecer aos traballadores as condicións máis óptimas de traballo.
- Protección dos datos persoais segundo a Lei orgánica de protección de datos do 13 decembro con ficheiros de alta na AEPD (Axencia Española de Protección de Datos).
- Desenvolvemento de medidas preventivas de seguridade en colaboración cos provedores da cadea loxística orientado principalmente a mellorar o tratamento nos envíos e evitar extravíos/incidencias cos dosímetros.