Calidade

 

A misión do centro de dosimetría é ofrecer o Servizo de Dosimetría Persoal satisfacendo as necesidades dos seus clientes e á súa vez aplicando valores que demostren o seu compromiso co medio, valorando o impacto coa comunidade, co medio ambiente e coas persoas implicadas.

Para cumprir esas expectativas, a misión do centro de dosimetría é asegurar a calidade do servizo mediante unha xestión baseada nos seguintes enfoques:

  • Sistema integral de xestión de calidade, medio ambiente e seguridade.
  • Orientación ao cliente, identificando necesidades estandarizadas e específicas.
  • Aplicación de xestión por procesos para asegurar a mellora continua.
  • Seguimento do servizo mediante aplicación do cadro de medidores, nos aspectos de servizo, calidade, etc.