Suplente

Para a determinación da dose do persoal eventual, os dosímetros de suplencia son dosímetros NON nominais, de modo que a asignación de dose a realiza o responsable de protección radiolóxica da instalación.

  • No caso de que se desexe que a dose rexistrada quede consignada nunha ficha dosimétrica ao nome do traballador, deberá dar de alta ao usuario.
  • Estes dosímetros envíanse coa mesma periodicidade ca os dosímetros nominais e non poden ser utilizados por varias persoas durante o mesmo mes.
  • Pódense solicitar todas as configuracións descritas anteriormente como dosímetro de suplencia: corpo enteiro, pulso e anel.