Dosimetría

Dentro do marco das radiacións ionizantes, o termo dose vai ligado a distintas magnitudes que proporcionan unha medida física relacionada co efecto directo ou potencial producido na materia irradiada.  As magnitudes utilizadas para a medida do risco asociado á exposición a radiacións ionizantes que son obxecto de limitación na contía permitida son: a dose equivalente nun órgano, a dose efectiva equivalente e a dose equivalente ambiental.

A finalidade da dosimetría é avaliar a dose equivalente recibida a partir da análise dun dosímetro asignado para tal fin. Os tipos de dosimetría ofrecidos pola empresa son:

  • Dosimetría individual
  • Dosimetría ocupacional
  • Dosimetría a medida